Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

40 ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA DE ORTIGUEIRA INVOLÚCRANSE NA RECOLLIDA SELECTIVA DE ENVASES

Un total de 40 establecementos do municipio de Ortigueira participan nun convenio de colaboración a tres bandas entre o Concello, a Xunta e Ecoembes para favorecer a recollida selectiva. Un dos obxectivos deste acordo é, precisamente, aumentar a separación de envases entre os pequenos xeradores de refugallos, como poden ser os locais de hostalería.

Coa participación dos devanditos establecementos increméntase a posibilidade de recuperación e reciclaxe dos envases.

Back to top