Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

10 DE OUTUBRO, DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

Dende hai 6 anos a Organización Mundial da Saúde estableceu esta data para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental buscando con elo xerar conciencia sobre os diversos tipos de enfermidades que as persoas poden sufrir sen sequera sabelo.

A metade das enfermidades mentais comezan antes dos 14 anos, pero a maioría dos casos nin se detectan nin se tratan.

Este ano o propósito da OMS durante este día é o tema da prevención do suicidio, onde se convida ás persoas para crear conciencia dos problemas que ten unha persoa suicida, por medio do programa “40 segundos para actuar”

O CIM súmase á conmemoración que nos brínda a ocasión de axuntar esforzos para mellorar a saúde mental en todo o mundo.

Na seguinte ligazón pode descargarse o díptico sobre este día:

IR Á LIGAZÓN Díptico día mundial da saúde mental

Back to top