XUNTANZA ENTRE OS CONCELLOS E A FEDERACIÓN DE ATLETISMO PARA PROMOCIONAR ESTE DEPORTE NO ORTEGAL

O concelleiro de Deportes de Ortigueira, Ángel Lozano, participou nunha reunión de traballo con responsables dos Concellos de Cariño -onde tivo lugar a xuntanza-, Cerdido e Cedeira para abrir novas vías de traballo na promoción do atletismo na comarca de Ortegal. No encontro estiveron tamén o presidente da Federación Galega, Isidoro Hornillos; o vicepresidente, Jesús Vázquez, e o secretario xeral, Carlos Castro.

Desta reunión, satisfactoria para todas as partes, saíron as liñas de actuación estratéxica para dinamizar o atletismo. O vindeiro mes de marzo haberá outro encontro no que se debatirán novas ideas para o circuíto de carreiras “Corre polo Norte” e no que se afondará na importancia de axudar á formación de clubes de atletismo na zona.

Back to top