Esta actuación, ten como obxectivo principal promover o desenvolvemento cultural do Concello de Ortigueira a través da posta en coñecemento tanto dos visitantes como da propia poboación dos bens susceptibles de ser constituídos patrimonio cultural e natural do territorio así como o fomento da súa preservación. Para iso, os primeiros pasos van da man da dotación dun recurso cultural á poboación local, co que se identifique e que lles permita acceder de maneira adecuada ao coñecemento da súa historia e do seu territorio.

Trátase dunha concepción global, que nunca deixará de encontrarse dotado de contido polo extensísimo patrimonio cultural e natural que ten Ortigueira.

Outro dos obxectivos da creación deste centro é dar resposta no so ao fomento do respeto polo patrimonio e ao coñecemento do entorno, senón tamén á necesidade de facer sostible un turismo cultural de calidade desestacionalizado, que permita en cada época do ano desfrutar dos encantos da zona, tendo en conta a limitada capacidade de carga e a necesidade de evitar o turismo de masas.

Por último, outro dos obxectivos sería canalizar o proxecto de desenrolo que supón o Proxecto “Xeoparque de Cabo Ortegal”, aglutinador de territorios de Ortegal e Ferrolterra, de cara ao Municipio de Ortigueira.

Trátase de poñer en valor todos estes elementos patrimoniais que constitúen unha grande riqueza, para que non só sexan susceptibles de ser coñecidos polos visitantes, senón tamén ofrecer información aos propios veciños para obter un maior coñecemento do seu entorno e promover neles a necesidade de protexelo.

Como apuntamos, a creación deste Museo da Historia de Ortigueira, ten una concepción global, pretendendo ser unha porta de entrada interpretativa a todo o patrimonio natural e cultural de Ortigueira, con seis temas principais:

Dende os Acantilados de Loiba, as zonas LIC, e os lugares que se encontran incluidos no convenio Ramsar, ata o Complexo Xeolóxico do Cabo Ortegal, Ortigueira precisaría un espazo interpretativo de todos estes elementos patrimoniais.

Dende as Mámoas do chamado Camiño dos Arrieiros, o gran número de asentamentos da Idade do Ferro existentes na zona, algúns deles escavados e investigados, o Castelo do Casón, fortificación previa á creación da vila, centrada no Campo da Torre (castelo medieval e previamente asentamento da Idade do Ferro), este concello posúen un grandísimo patrimonio arqueolóxico que precisaría un lugar de interpretación tanto para a súa conservación como para a súa valorización.

A través do filántropo Narciso Luaces Pardo, existe en Ortigueira unha das coleccións de pezas Etnográficas máis abundantes que existen en Galicia. O estado actual da colección é mellorable debido a que se trata dunha colección privada que dispón de poucos medios para a súa conservación e posta en valor. Unha parte do centro estaría dedicada á valorización desa colección.

Esta pegada é especialmente importante en Ortigueira. Foi un fenómeno determinante para a poboación dende a segunda metade do século XIX, sendo Ortigueira un dos concellos con maior porcentaxe de emigración de Galicia. Creáronse ata 16 microcolectividades no extranxeiro, dende as que se custearon lavadoiros, camiños cemiterios, escolas, reformas de igrexas, etc.. Todo isto xerou un patrimonio cultural, arquitectónico, e unha tradición de asociacionismo que é preciso poñer en valor.

Dende os anos da Resturación comeza a existir unha prensa de gran intensidade, a través de numerosos xornáis como O Faro de Ortegal, O Ortegal, El Condado de Ortigueira, Revista Ortegana, El Escolar, El Gallego, El Faro de Veiga. Un deles, fundado en 1016 por Jesús Fojo, chamado La Voz de Ortigueira, edítase ininterrumpidamente dende aquel momento ata os nosos días, de maneira privada. Moitos exemplares destes xornáis se encontran no arquivo histórico de Ortigueira, agardando á súa valorización a través dun centro interpretativo que os poida poñer en valor. En concreto, La Voz de Ortigueira, podería supoñer por sí so, debido aos anos de edición, o xerme dun centro de documentación de prensa non so dedicado a poboación en xeral senón tamén aos investigadores.

centrada no Campo da Torre (castelo medieval e previamente asentamento da Idade do Ferro), este concello posúen un grandísimo patrimonio arqueolóxico que precisaría un lugar de interpretación tanto para a súa conservación como para a súa valorización.

Existen datos dende 1302 da introducción da música vocal e instrumental a través do Convento Dominico. Dende o século XIII existen tamén datos a nivel interpretativo sobre a presenza da gaita e no 1860 crearíase a primeira Banda de música. O movemento musical foi constante dende aquela chegando a cohecistir ata tres bandas de música e un sinfín de grupos coetáneos. Dende os anos 70 comeza a impulsarse a creación da primeira Banda de Gaitas e o Festival Celta que máis anos logrou manterse, que este ano chegará á súa 40 edición. Hoxe en día o 10% da poboación estuda música, ou forma parte dalgunha agrupación do municipio –en España un 0,4% e en Suecia un 1%). Sería preciso contar con un instrumento que preserve a memoria de todas estas xeracións e que poña en valor a longa historia musical do municipio.

Back to top