Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORTIGUEIRA RECIBIRÁ UNHA FLOR DE HONRA NA GALA DO CERTAME VILAS EN FLOR

O xurado do certame Vilas en Flor decidiu conceder ao Concello de Ortigueira unha flor de honra como recoñecemento ao seu labor en favor da mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos e a súa xestión sostible, así como no campo da educación ambiental e concienciación cidadá sobre a necesidade do seu coidado.

A iniciativa, que organiza a Fundación Juana de Vega en colaboración coa Asociación de Viveiristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresarios de Xardinería (Agaexar), desenvólvese por primeira vez en Galicia a imaxe do que se fai noutros países.

Este ano foron seleccionados, ademais de Ortigueira, os concellos de Allariz, Chantada, Betanzos e Caldas de Reis. A gala de entrega dos galardóns -ata cinco flores de honra por municipio- terá lugar o vindeiro 25 de outubro en Chantada.

Back to top