OCIO VERÁN 2018 OFRECE ACTIVIDADES LÚDICAS E DEPORTIVAS PARA OS NENOS E NENAS DE ORTIGUEIRA

O programa, que se desenvolve en xullo e agosto, cumpre 10 anos e atendeu neste período a máis de 2.000 menores / Este ano convócanse 252 prazas.

O Concello de Ortigueira organiza un ano máis, entre os meses de xullo e agosto, o seu programa Ocioverán, dirixido a nenos e nenas de tres a 12 anos e no que se desenvolven actividades variadas, desde excursións ata xogos ao aire libre e acuáticos, obradoiros, deporte, etc.

O programa comeza o 2 de xullo e organízase por semanas, agás a do 9 ao 13 de xullo e a do 30 de xullo ao 3 de agosto, nas que non haberá actividades. O resto dos días o horario será de 9.30 a 14.00 horas e de luns a venres.

Establécense un total de 252 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición. As solicitudes recolleranse na piscina municipal, no seu horario habitual, a partir do vindeiro xoves 14 de xuño.

O programa Ocioverán cumpre dez anos facilitando a conciliación da vida laboral e familiar en Ortigueira. Nesta década téñense beneficiado das súas actividades máis de 2000 nenos e nenas.

As persoas interesadas en ter máis información poden chamar ao número de teléfono 981 422 026.

Ver tríptico en PDF do programa Ocioverán

Back to top