O CONCELLO FACILITA A ASISTENCIA DE XOGADORES DO FÚTBOL CLUB ORTIGUEIRA AO PARTIDO DO DEPORTIVO CO MAJADAHONDA

O Concello de Ortigueira, en colaboración coa Deputación de A Coruña e o RC Deportivo, facilitan a asistencia de xogadores e pais do Futbol Club Ortigueira ao partido do Deportivo de mañá sábado 6 de abril, as 16:00 horas, entre o R.C. Deportivo e o Rayo Majadahonda, no Estadio de Riazor.

O Concello facilita as entradas para os asistentes e abona os gastos do autobús que servirá para desprazalos.

Dende o Concello desexan un gran aproveitamento por parte dos xogadores e manteñen que a promoción deportiva de base é fundamental no futuro do deporte en Ortigueira. Os asistentes partirán o sábado día 6 sobre as 13 horas.

Para calquera información adicional poden dirixirse al propio clube.

Back to top