Este é o órgano responsable da política financieira e orzamentaria do Concello, da xestión do orzamento e as súas modificacións, da planificación financieira, da xestión tributaria e da dirección dos servizos de Intervención e Tesourería.

O obxectivo é garantir que os recursos económicos do Concello estean ao servizo dos veciños e veciñas de Ortigueira, cunha xestión eficaz e transparente. Desde esta concellería márcase como prioridade aumentar os ingresos municipais, reducir os gastos superfluos e encamiñar o gasto para atender, desde as competencias municipais, as necesidades dos colectivos menos favorecidos.

Desde a Concellería de Facenda e Persoal trabállase en equipo con todos os empregados municipais, para converter a plantilla do Concello nunha ferramenta para resolver os problemas e as necesidades dos veciños e veciñas. Só pode acadarse ese obxectivo si as persoas que serven ao pobo o fan desde a eficacia, a xenerosidade e a autorresponsabilidade. Así, procúrase que os traballadores reciban as adecuadas compensacións en función da súa dedicación e eficacia na solución dos problemas dos cidadáns.

Esta área está xestionada polo Alcalde Juan Vicente Penabad Muras, e a súas oficinas atópanse na Casa do Concello:

Área de Facenda

Praza de Isabel II s/n.
981 400 000.
Horario: de luns a venres de 9.00h a 14.30h (excepto 13 de xullo, 27 de xullo, 21 de decembro e 28 de decembro que será de 9.00h a 13:00h).
Persoa de contacto: Javier Pérez Cora javier.perez@concellodeortigueira.com

Área de Persoal

Praza de Isabel II s/n.
981 400 000.
Horario: de luns a venres de 9.00h a 14.30h (excepto 13 de xullo, 27 de xullo, 21 de decembro e 28 de decembro que será de 9.00h a 13:00h).
Persoa de contacto: Luisa Sierra luisa.sierra@concellodeortigueira.com

Back to top