Xornada Final do Programa Tech Kids
Este evento terminou
-
Data
18 Novembro, 2018
-
Hora
12:00 pm - 3:30 pm
-
Cidade da Cultura
Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña
As actividades que se realizarán serán:
- Vídeo Mapping interactivo: Elaborar un “puzzle interactivo” organizando cadrados a través de movementos aéreos compoñendo un vídeo.
- Chroma Key: Crear e posar nun escenario virtual en tempo real.
- Jam Musical: Crear música, aínda sen coñecementos previos, cun sistema informático de música en directo.
- Drones Tech: Coñecer as posibilidades que ofrecen os drones na actualidade e participarás na demostración.
Tamén facilitarase unha bolsa de pícnic e haberá unha zona de xogos e un relatorio ás 12:00 de Mundos Dixitais para as familias.
Poden participar todos os rapaces e rapazas entre 10 e 17 anos. Terán prioridade de inscrición os participantes nas actividades do Programa Tech Kids desenvoltas na rede CeMIT durante o verán 2018.
Prazos: As inscricións xestionaranse por rigorosa orde de chegada ata o venres 16 de novembro ás 14:00 horas. Ata o martes 13 de novembro terán prioridade de inscrición os rapaces e rapazas que participaron nas actividades do Programa Tech Kids durante o verán de 2018, e a partir desta data, asignaranse as prazas dispoñibles a todos os rapaces e rapazas interesados.
Lugar de inscrición: As persoas interesadas poderán inscribirse a través de https://cemit.xunta.gal/frm_tech_kids
Axudas ao desprazamento: Esta actividade está suxeita á axuda para o desprazamento aos rapaces e rapazas participantes nas actividades Teck Kids durante o verán de 2018 nas aulas CeMIT que se atopen en localidades a máis de 50 kms de distancia á Cidade da Cultura (tomarase como punto de orixe a localización da aula CeMIT). O importe de axudas ao desprazamento é limitado polo que se priorizará a axuda aos participantes das aulas CeMIT máis alonxadas. O mércores 14 de novembro se confirmará se a axuda foi concedida e o importe a recibir.