XII Xuntanza de grupos rexionais
Este evento terminou
-
Data
15 Xuño, 2019
-
Hora
6:00 pm - 10:00 am
Hoxe a partir das seis da tarde, terá lugar no Centro Social de San Adrián, a XII Xuntanza de Grupos Rexionais organizada pola asociación cultural Troula do Ortegal. Nesta ocasión participarán no encontro as agrupacións Osorio Gutiérrez de Lourenzá (Lugo); Amado Lar, de Valadouro (Lugo); Cantareiros de Buxainas, de Cedeira e a propia asociación cultural Troula do Ortegal.
A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Ortigueira, a comunidade de montes de San Adrián de Veiga e a Deputación Provincial.