Xeoruta das lavas
Este evento terminou
-
Data
29 Agosto, 2018
-
Hora
11:00 am - 3:00 pm
Hoxe tócalle o turno a unha actividade imprescindible, a xeoruta doas lavas. 4 quilómetros de andaina aproximadamente (3 horas) e de dificultade baixa percorrendo as inmediacións do pobo mariñeiro de Espasante, onde atópase un excepcional conxunto de materiais que foron orixinados por erupcións volcánicas submariñas hai máis de 400 millóns de anos, cando toda esta zona formaba parte do fondo dun antigo océano. Pero tamén poderán ollarse estruturas xeolóxicas que evidencian a alta deformación que sufriron as rochas de esta zona de Ortigueira.
O prezo é de 5 euros por persoa e os interesados deberán realizar a inscrición no teléfono 981 974 103 ou na web http://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com/