Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Teatro infantil e familiar “Saaabor!”

Este evento terminou

O Teatro de Beneficencia acolle a partir das 19.30 horas a obra de teatro infantil e familiar “Saaabor!” que chega da man de Culturactiva.

Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela ata a máis elaborada, sen esquecer viño e sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia.

Entrada: 3,50 euros.

Back to top