Teatro “Estrela do día”
Este evento terminou
-
Data
1 Maio, 2021
-
Hora
7:30 pm
Hoxe 1 de maio ás 19:30 h. no Teatro da Beneficencia.
TEATRO ADULTOS
P.T. Excéntricas presenta ESTRELA DO DÍA, unha comedia divina, chea de cor, de música, de misterio e de humor. A palabra poética dos códices foxe do libro e encárnase na escena.As personaxes s aen das miniaturas medievais e chegan aos nosos días da man e do talento de EVARISTO CALVO, ROCÍO GONZÁLEZ, VÍCTOR MOSQUEIRA e PATRICIA VÁZQUEZ. Estrela do día é unha experiencia para o público recuperar a fe no teatro, o único lugar onde o milagre aínda é posíbel. Baixo a batuta de director de MARCOS PTT CARBALLIDO, experto milagrista, os comediantes levarán de novo os prodixios de María ante os asombrados ollos dos espectadores mais descreidos: a apoteose da nova inocencia, a inxenuidade regresa para salvar o mundo.
(AFORO LIMITADO)