Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Teatro de rúa “O vendedor de fume”

Este evento terminou

A compañía naronesa Teatro Ghazafelhos representa nos xardíns da Alameda desde as 19.00 h a súa última produción “O vendedor de fume”, estreada o Día das Letras Galegas.
Dirixida a nenos de 4 anos en diante, é unha obra de teatro actoral na que tres personaxes interactúan con obxectos, monicreques, bailan e cantan en directo. O espectáculo, cargado de humor, conta a historia dun vendedor de ungüentos que fan crecer o pelo, elixires para os catarros, pomadas para un propulsado primaveral… e que quere colocarlles aos veciños axudado de cómplices que se atopan entre o público.
Back to top