Tango maestro (Quinteto Nuestro Tiempo)

Este evento terminou

Desde as 19.30 horas no Teatro de Beneficencia, poderase desfrutar de Tango Maestro, un percorrido pola obra dos grandes mestres do tango, con especial protagonismo á obra do gran Astor Piazzolla

A música de Piazzolla é unha das maiores expresións artísticas que Arxentina deu ao mundo. Incorporando ao tango un pouco de jazz, alcanzouse un resultado formidable e á vez innovador.

O Quinteto Nuestro Tiempo está especializado na música do tango contemporáneo, principalmente na obra de Piazzolla, un dos grandes mestres do xénero.

Teatro de Beneficencia. Rúa do Príncipe, 2. 15330 - Ortigueira.

Back to top