Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Talleres de reparación de vehículos: dereitos e deberes das persoas usuarias

Este evento terminou

Hoxe na Aula CeMIT en horario de 12:00 a 13:00 horas. Se emitirá por videoconferencia dende a Escola Galega de Consumo.

No noso día a día o coche converteuse nun instrumento case imprescindible e, en ocasións, tamén unha ferramenta de traballo. Por estas razóns, acudir ao taller para reparar avarías ou realizar revisións é unha práctica habitual e obrigada. Pero, sabemos se temos dereito a un orzamento previo? Poden cobrarnos por el se despois non arranxamos o coche no mesmo taller? Teño dereito a que devolvan a peza que me cambiaron? Nesta charla resolveranse todas estas cuestións e coñeceremos os nosos dereitos e deberes como persoas usuarias destes servizos así coma unha serie de recomendacións a ter en conta.

Máis información e inscricións:

Rúa Márquez Cortiñas, s/n.
Teléfono: 981 402 533.
Correo: cemit.ortigueira@xunta.es

Back to top