Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ruta de sendeirismo do Casón

Este evento terminou

Hoxe venres 14 de agosto, terá lugar a ruta do Casón. Tamén é unha camiñada circular, aínda que máis longa, de 8 quilómetros, e unha dificultade media. Atravesa parte do camiño de San Andrés de Teixido e percorre as ruínas do Castelo do Casón -unha antiga fortaleza medieval-, as fervenzas do Casón e o pozo do Inferno, cunhas impresionantes vistas panorámicas sobre a ría. Este percorrido poderase realizar de novo o 28 de agosto.

Os participantes nas rutas terán que estar ás 10 da mañá na oficina de turismo en coche propio e levar máscara, botas de monte, bastón, roupa cómoda, auga e algo de comida. O regreso é á 14.00 horas.

É unha actividade gratuíta pero que precisa inscrición previa na oficina de turismo, ben de xeito presencial, ben chamando ao teléfono 981 974 103 de luns a sábado entre as 10.00 e as 14.30 horas pola mañá ou de 16.00 a 20.30 pola tarde, ou os domingos de 10.30 a 14.30 horas.

Back to top