Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ruta de sendeirismo das lendas da Faladoira

Hoxe sábado 31 de xullo é das lendas da Faladoira, outro itinerario circular neste caso de 5 quilómetros e dificultade baixa. Percorre o punto máis alto da antiga necrópole da Faladoira, a 615 metros sobre o nivel do mar, e a ruta atravesa xacementos do neolítico como o aliñamento de menhires, o dolmen e cruceiro da Faladoira e as mámoas da necrópole. Este percorrido poderase realizar de novo o 28 de agosto.

Os participantes nas rutas terán que estar ás 10 da mañá na oficina de turismo en coche propio e levar máscara, botas de monte, bastón, roupa cómoda, auga e algo de comida. O regreso é á 14.00 horas.

É unha actividade gratuíta pero que precisa inscrición previa na oficina de turismo, ben de xeito presencial, ben chamando ao teléfono 981 974 103.

Back to top