Ruta de sendeirismo acantilados de Loiba
Este evento terminou
-
Data
7 Agosto, 2021
-
Hora
10:00 am - 2:00 pm
Hoxe sábado 7 de agosto desenvolverase o percorrido polos acantilados de Loiba, un itinerario circular de 6,5 quilómetros e dificultade baixa que discorre polos miradoiros máis importantes desta parte da costa ortegana, desde o de Pena Furada ata o de Picón.
Os participantes nas rutas terán que estar ás 10 da mañá na oficina de turismo en coche propio e levar máscara, botas de monte, bastón, roupa cómoda, auga e algo de comida. O regreso é á 14.00 horas.
É unha actividade gratuíta pero que precisa inscrición previa na oficina de turismo, ben de xeito presencial, ben chamando ao teléfono 981 974 103 .