Programa Aulas TIC. Taller de Competencias dixitais avanzadas orientadas á mellora da empregabilidade + Taller de habilidades dixitais
Este evento terminou
-
Data
17 Novembro, 2020
-
Hora
9:30 am - 1:30 pm
-
Aula CeMIT
Aula CeMIT. Antigo Centro de Saúde. Rúa Márquez Cortiñas, s/n. 15330- Ortigueira
Hoxe na Aula CeMIT en horario de 9:30 a 13:30 horas.
Destinado a persoas desempregadas coa tarxeta do Servizo Público de Emprego activa.
- CONTIDOS FORMATIVOS: Uso básico do PC, Acceso básico á rede Internet, TIC orientadas á mellora da empregabilidade por conta allea e E- recruiting.
- TALLER DE HABILIDADES SOCIAIS: Taller onde poder perfeccionar as habilidades sociais de cara á realización dunha entrevista de traballo.
- INTERMEDIACIÓN LABORAL: Servizo de intermediación laboral para que os participantes poidan acceder a procesos de selección nunha rede de contactos do tecido empresarial.
Será necesaria a presentación da tarxeta activa SEPE xunto con DNI/NIE en vixencia por parte dos participantes.
Máis información e inscricións:
Rúa Márquez Cortiñas, s/n.
Teléfono: 981 402 533.
Correo: cemit.ortigueira@xunta.es