Presentación do libro “Pioneiras do deporte”

Na biblioteca municipal desde as 11.00 horas, e dentro do programa de actividades conmemorativas do Día Internacional da Muller, terá lugar a presentación do libro “Pioneiras do deporte en Galicia” da profesora da Facultade de ciencias do deporte e da educación física da Universidade da Coruña, Cristina López Villar.

O libro recolle en case 200 páxinas as primeiras incursións das mulleres galegas no deporte, un traballo que a súa autora realizou co obxectivo de dar visibilidade a esas deportistas que merecían un recoñecemento social.

Biblioteca Municipal Biblioteca municipal \"Juan Fernández Latorre\". Rúa Márquez Cortiñas, s/n. 15330 - Ortigueira

Back to top