Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación do proxecto “Con voz de muller”

Este evento terminou

Hoxe luns 8 de marzo, presentarase no centro social de Mera o proxecto “Con voz de muller”, que leva a cabo o CIM de Ortigueira nas parroquias do municipio.

Levarase a cabo a presentación das publicacións realizadas grazas á participación das veciñas de Mera e Espasante, que dentro deste proxecto contaron en primeira persoa a súa vida, a historia das súas parroquias e que papel xogaron nela as mulleres.

Ás 11.00 horas no local social de Santiago de Mera e ás 17.00 no do porto de Espasante. Debido a actual situación sanitaria, para asistir será necesario inscribirse con anterioridade a través do correo electrónico cim@concellodeortigueira.com ou chamando ao número de teléfono 981 402 542.

Back to top