Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Outlet de comercio local

Este evento terminou

Continuará a axenda os días sábado 7 e domingo 8 nos xardíns do Malecón, que serán o escenario dun outlet de comercio local organizado por ACO Ortigueira en colaboración co Concello. No evento participarán 12 establecementos socios do organismo. O encontro contará ademais con diversas actividades musicais e infantís que comezarán o sábado ás 11:30 horas co pasacalle da Escola de Gaitas de Ortigueira, que finalizará coa chegada ao outlet. A sesión vermut das 14:00 horas correrá a cargo de Tokayos. Pola tarde, ás 17:00 horas, celebrarase o espectáculo infantil de Vero Rilo ‘ Outra vez!’, unha narración oral para público familiar que durará 50 minutos.

Back to top