Ortigueira a bocados
Este evento terminou
-
Data
3 Marzo, 2019
-
Hora
1:00 pm - 11:00 pm
Primeiro concurso de tapas “Ortigueira a Bocados” que convoca o Concello de Ortigueira.
O establecementos participantes son: “Los Chamos”, “Bodegón 90”, “Manolo´s Xantar”, “O Malecón” e “Río Sor” de Ortigueira; “A Trapela Bar”, “Las Palomas”, “O Furado” e “Orillamar” do porto de Espasante; “A Cabana do Fos”, de Morouzos; o “Bar Panzas”, de Barbos; “O Nogueirido”, de Senra, e os centros sociais de Ortigueira e Espasante.
Todos eles ofrecerán tapas ao prezo dun euro para optar ao premio do xurado ou do público.
Entre a clientela que participe na votación -que terá que contar con selos de alomenos sete establecementos- sortearase un xantar ou unha cea por valor de 60 euros nalgún dos locais participantes.