Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obradoiro “Steam, derrubando estereotipos”

Este evento terminou

Hoxe 26 de agosto e mañá 27 na Aula cemit. Obradoiro de balde.

De 8 a 11 anos de 10 a 11:30h.
De 12 a 15 anos de 12 a 13:30h.

 

O obxectivo do Programa Girl SteAm é promover a creación de referentes, visibilizar roles e motivar as vocacións tecnolóxicas temperás dirixidas @s rapazada, para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos SteAm a través de obradoiros formativos prácticos, onde aprender e experimentar coa tecnoloxía, coa finalidade principal de fomentar o talento e espertar as vocacións tecnocientíficas, engadindo o “A” de artes, pasando de STEM a STEAM. Trataranse temas como:

  • A igualdade.
  • O sentido crítico ante a tecnoloxía.
  • O uso creativo da tecnoloxía, máis aló do mero uso e consumo.
  • A colaboración e o traballo en equipo.
  • A importancia das artes como ferramenta de desenvolvemento.
Primer prazo de inscricións: Do 19-23 de xullo. Prazas limitadas.

Máis información e inscricións:

Rúa Márquez Cortiñas, s/n.
Teléfono: 981 402 533.
Correo: cemit.ortigueira@xunta.es

Back to top