Obradoiro “Feito a man na biblioteca: Patchwork”

Este evento terminou

Desde as 17.30 horas na Biblioteca Municipal “Juan Fernández Latorre”, desenvólvese este obradoiro para rapaces e rapazas maiores de 6 anos. As prazas dispoñibles son limitadas. As persoas interesadas poden solicitar máis información e realizar a súa inscrición:

Biblioteca municipal “Juan Fernández Latorre”.
Teléfono: 981 400 101.

Esta actividade forma parte dun novo programa “Feito a man na biblioteca” e vaise desenvolver ao longo de varios meses. O obxectivo é difundir actividades (artesanía, afeccións…) levadas a cabo no municipio por diferentes persoas e asociacións, e incluirá un obradoiro para nenos e nenas impartido polo persoal da biblioteca, e unha charla e/ou exposición para adultos, levado a cabo por esas persoas ou asociacións colaboradoras.

Biblioteca Municipal Biblioteca municipal \"Juan Fernández Latorre\". Rúa Márquez Cortiñas, s/n. 15330 - Ortigueira

Back to top