Obradoiro de iniciación sobre demencias e Alzheimer

Este evento terminou

A Concellería de Igualdade do Concello de Ortigueira organiza o “Obradoiro de iniciación sobre demencias e Alzheimer”en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns e a Axencia do Coñecemento en Saúde da Consellería de Sanidade, no Centro de Participación de San Roque, de 16.00 a 20.00 horas.

O obradoiro ten como obxectivos mellorar a información e comprensión do Alzheimer tanto por parte dos doentes como das súas familias e da cidadanía en xeral; proporcionar ás persoas coidadoras as habilidades necesarias para mellorar a calidade de vida no ámbito familiar; e fomentar a autonomía de todos os membros da familia.

Centro de Participación Social San Roque Centro de Participación Social San Roque. Rúa do Príncipe, 59. 15330 - Ortigueira

Back to top