Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Monólogo “A noite do capador” Federico Pérez

Este evento terminou

Hoxe sábado 21 de novembro ás 20:00h no Teatro da Beneficencia.

Ninguén pregunta por Fede, senón por Josito, porque media Galicia pensa que se chama así. O éxito de Padre Casares, un dos proxectos televisivos cos que saltou á fama, situou a este lingüista de Mazaricos nunha das caras imprescindibles do audiovisual en Galicia.
Traballara antes en Libro de Familia, O show dos Tonechos, Mareas Vivas, ou Air Galicia, ademais de en filmes como 18 comidas, Retornos ou Mar Adentro. Na actualidade é o protagonista deEra Visto!, unha serie diaria na que dá vida a Moncho. Sobre as taboas participou en O Florido Pensil e Presidente, e co monólogo Ración de Breogán fixo rir a media Galicia en decenas de teatros e auditorios. Acompañou a Touriñán no espectáculo Curtis e Teixeiro, e con Marcos Pereiro interpreta a un dos membros do dúo cómico – musical Os Tristes. Agora volve ao humor en directo con A Noite do Capador, unha divertida historia que percorrerá os mellores escenarios de Galicia esta temporada.

Back to top