Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Exposicións “Orteganas con historia” e “Muller e ría”

Este evento terminou

Expóñense no Claustro da planta baixa do Concello fotografías antigas das mostras “Orteganas con historia” e “Muller e ría”. As imaxes que compoñen estas exposicións foron cedidas por mulleres maiores de diferentes parroquias e o percorrido que debuxan é un recurso moi valioso para coñecer a historia de Ortigueira e o papel das mulleres nela, e poderanse ver ata o día 27 de outubro.

Horario da exposición:

  • Mañás: de luns a sábados, de 11.00 a 13.00 horas.
  • Tardes: de martes a venres, de 17.00 a 19.30 horas.
Back to top