Exposición “XIV Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica 2019”
Este evento terminou
-
Data
13 Abril, 2021
-
Hora
10:00 am - 2:00 pm
Do 5 ao 20 de abril na sala de Exposicións 1º andar. De luns a venres de 10:00 a 14:00 h.
Desde o ano 2006, a Deputación Provincial da Coruña convoca un dos premios de gravado con maior prestixio tanto dentro como fóra de Galicia, o Jesús Núñez de Arte gráfica que no 2019 alcanzou a súa catorceava edición. O gañador desta ultima edición, o mozo tailandés Terrawoot Com-on co seu interesante traballo, “Happy wedding day in heaven”, pon en evidencia que o gravado segue tendo unha vixencia como medio de expresión plástica dentro das novas xeracións.