Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Exposición “Premios Mª Josefa Wonenburger”

Este evento terminou

Mostra cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade, coa que se pretende visibilizar e facer chegar á cidadanía as contribucións feitas polas mulleres galegas á ciencia e á tecnoloxía, xa que todas elas foron galardonadas co Premio “Mª Josefa Wonenburger”.

A exposición coa que o Concello celebra o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, atópase no Claustro superior do Concello e estará aberta ao público ata o 24 de febreiro.

Back to top