Exposición de Manuel Cobas

Este evento terminou

Fin da exposición de Manuel Cobas Varela que se poderá visitar na sala de exposicións do primeiro andar da Casa do Concello ata o día 15 de setembro.

Reflexo do perfil marítimo do artista son a maioría das súas obras pintadas coa técnica da acuarela, a máis difícil de todas, pero só así se asemella a claridade do mar e a luz desas paraxes de Combarro, Sanxenxo, as Rías Galegas e outras. Aínda que as paisaxes e as mariñas son os temas centrais, tamén pinta froito da súa inspiración e a súa imaxinación como belos espidos, bodegóns… Os seus cadros caracterízanse pola luz, a cor e as sensacións que transmiten ao contemplalos.

Horario de apertura da exposición para o domingo 15 de setembro: de 10.30 a 14.00 horas.

Concello de Ortigueira Praza de Isabel II, s/n. 15330 - Ortigueira.

Back to top