Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espectáculo musical “Brinca Vai! De aquí a acolá”

Este evento terminou

A Biblioteca Municipal acolle a partir das 17.30 horas o espectáculo “Brinca Vai! De aquí a acolá” de Paco Nogueiras, dirixido a nenos e nenas maiores de 4 anos.

Trátase dun espectáculo baseado no libro-cd-dvd Brinca Vai!, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.

O músico e actor Paco Nogueiras adéntrase cos seus instrumentos e a súa querida Máquina nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o Magosto, o Samaín, o Entroido, o Nadal) e o respecto á nosa lingua son parte do repertorio. Unha fantástica oportunidade de brincar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música soa con forma de sorriso.

Back to top