Curso de autodefensa para mulleres
Este evento terminou
-
Data
9 Setembro, 2019
-
Hora
4:00 pm - 8:00 pm
-
Pavillón do IES de Ortigueira
Pavillón do IES de Ortigueira. Avenida da Constitución, s/n, 15330 Ortigueira, A Coruña.
É unha actividade que ofrece a Xunta en colaboración coa Federación Galega de Loita para os concellos que forman parte da Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero e o seu obxectivo é formar ás participantes tanto en defensa persoal como en autocapacidades para previr situacións de violencia machista.
O prazo de inscrición está aberto ata o día 6 de setembro no Centro de Información á Muller e o horario do curso será de 16.00 a 20.00 horas no pavillón do IES de Ortigueira. Para máis información, as interesadas pódense dirixir ao número de teléfono 981 402 542.