Curso de autodefensa para mulleres

Este evento terminou

É unha actividade que ofrece a Xunta en colaboración coa Federación Galega de Loita para os concellos que forman parte da Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero e o seu obxectivo é formar ás participantes tanto en defensa persoal como en autocapacidades para previr situacións de violencia machista.

O prazo de inscrición está aberto ata o día 6 de setembro no Centro de Información á Muller e o horario do curso será de 16.00 a 20.00 horas no pavillón do IES de Ortigueira. Para máis información, as interesadas pódense dirixir ao número de teléfono 981 402 542.

Pavillón do IES de Ortigueira Pavillón do IES de Ortigueira. Avenida da Constitución, s/n, 15330 Ortigueira, A Coruña.

Back to top