Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Concerto “De Vacas”

Este evento terminou

Son catro vacas. Catro vacas que rin e cantan.

Presentan un espectáculo fresco como a auga dos regos. Disfrutan riba do escenario para que vós disfrutedes. Mistura de voces e guitarra, armonías que estimulan os sentidos. Veñen de facer unha xira mundial de máis de 120 concertos. Grandes festivais, sesións vermut ou verbenas. Encheron prazas e teatros. Gañaron premios, fixeron galas, bandas sonoras para programas de radio e televisión e músicas para anuncios publicitarios. Do Land Rober ao Luar, cantan en tódolos idiomas do mundo, pero aman aos nósos poetas por riba de todo, como Enrique Igrexas. Rescatan retrousos olvidados, tarareos que foran populares nas voces de Cristina da Aguieira ou Mónica da Laranxeira.

Ansida de Xuventude e fusión internacional. A vida ao seu lado toda é un carnival.

Ven pacer con elas. Puro deleite musical!

A actuación dará comezo ás 20.30 horas.

As entradas adquiríanse en venda anticipada e hoxe estarán na billeteira do teatro desde as 19.30. O prezo é de 4,50 euros.

Se queres saber máis sobre este grupo, descargate na seguinte ligazón o seu dossier:

Descarga dossier De Vacas

Back to top