Concerto de Nadal de EMCO
Este evento terminou
-
Data
20 Decembro, 2019
-
Hora
7:30 pm
Hoxe venres 20 de decembro ás 19:30h na Igrexa de Santa Marta a Escola de Música Concello de Ortigueira ofrecerá na Igrexa Parroquial de Santa Marta o seu tradicional concerto de Nadal.
Actuarán alumnas de piano, conxuntos de guitarras e acordeóns, o combo, a banda e os coros da EMCO.
Este concerto servirá ademáis para acercarnos e ter unha toma de contacto coa “Discapacidade Activa”. Contaremos coa colaboración da Asociación “A Xanela” de As Pontes a cal nos dará a coñecer a importante labor que está a realizar na Comarca.