Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Concerto de 2016 EMCO “Missa Brevis”

Este evento terminou

Diante da situación da pandemia que impide organizar un concerto de Semana Santa nas condicións habituais, a Escola de Música Concello de Ortigueira recuperará a través da súa canle de Youtube unha actuación do 20 de marzo de 2016 na que a Banda de Música da vila compartiu protagonismo cos coros locais, a Coral Polifónica de Ortigueira, o Coro de Espasante e o da propia EMCO, así como veciños e veciñas a título individual. Celebrouse na igrexa parroquial de Santa Marta con máis dun cento de músicos e coristas en escea que interpretaron a “Missa brevis” de Jacob de Haan, uno dos compositores de música de vento contemporáneos máis populares. Esta misa foi un encargo que lle fixeron en Francia para conmemorar os mil anos do nacemento do papa León IX naquel país.

Agora será posible ver de novo aquela actuación hoxe sábado, 27 de marzo, a partir das 21.00 horas neste enlace:

Back to top