Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

As sonoridades do tango: de Bach a Piazzolla

Hoxe sábado 17 de abril ás 19:30 h. no Teatro da Beneficencia.

Entrada: 3,50 € (AFORO LIMITADO)

O tango arxentino é un xénero poliédrico que amosa multitude de facianas. O Dúo Fracanapa interpretao en forma de música de Cámara Concertante para violín e bandoneón, cuns arranxos subxestivos que tradúcense en perlas para o ouvido. Os tons extremadamente sensibles ainda que poderosos do violín, compiten coma nun combate de loita libre, acadando unha intensidade que vai dende a nostalxia até a mais fonda alegría de vivir. E precisamente destes contrastes da boa conta este repertorio. Nel mestúranse estilos e épocas que van desde o clasicismo de obras de Carlos Gardel, Ernesto Ponzio ata a vangarda de Astor Piazzolla ou Nestor Marconi, sen esquecer mestres coma Horacio Salgán, Joaquin Mora xunto con composicións do bandoneonista do dúo Matías González.

Back to top