Acceso á información en saúde. Presencia en Internet
Este evento terminou
-
Data
2 Maio, 2019
-
Hora
11:00 am - 12:30 pm
-
Aula CeMIT
Aula CeMIT. Antigo Centro de Saúde. Rúa Márquez Cortiñas, s/n. 15330- Ortigueira
A Universidade Sénior da Coruña en colaboración co Sergas, organiza o seminario “Acceso á Información en Saúde. Presencia en Internet”, impartido por María Sobrido Prieto, Profesora da Facultade de Enfermería e Podoloxía da UDC. Este seminario retransmitirase por videoconferencia “Información con evidencia para pacientes”, onde tratarase de explicar de modo moi sinxelo cales son as fontes mais fiables e axeitadas para os pacientes: guías clínicas, información onde se expliquen patoloxías, etc. O obxetivo deste seminario é que todos os cidadáns teñan un mellor acceso á información en saúde en internet, especialmente as persoas maiores.