No seguinte desplegable pode consultarse toda a información sobre as diferentes instalacións deportivas e para a mocidade de titularidade municipal:

O pavillón polideportivo de titularidade municipal está situado no recinto do colexio público C.E.I.P. José Mª Lage, no núcleo urbano de Sta. Marta de Ortigueira.
Estas instalacións utilízanse tanto polo colexio, para realizar actividades de educación física, como polo resto da población do municipio en horario non escolar, xa que contan con un acceso independente.

Nelas, realízanse diferentes actividades ao longo do ano, tanto de escolas municipais como eventos puntuais. No curso 2018-2019 nas instalacións do polideportivo desenvolveranse as disciplinas de:

  • Ximnasia rítmica
  • Baloncesto
  • Patinaxe
  • Taichí (en colaboración coa asociación Entre Dous Cabos)

Os datos de contacto do Polideportivo son:

Rúa Vía Feve, 14.

O Complexo deportivo municipal da Preguiza inaugurado en 2006 consta de piscina cuberta, ximnasio, saunas, dúas pistas de padel, pista de fútbol 5 e pistas de patinaxe. Tamén dispón de cafetería. As instalacións están xestionadas de xeito directo polo Concello, coa colaboración dalgunha empresa que traballa na prestación de servizos.

Nestas instalacións o Concello desenvolve ao longo do ano parte das escolas deportivas municipais, ocio verán e actividades puntuais. Dentro das primeiras ao longo do curso 2018-2019 levaránse a cabo as actividades de:

  • Natación.
  • Padel.

Os datos de contacto do Complexo deportivo municipal da Preguiza son:

Rúa Paseo Barro Soto, 3.
981 422 026.
Horario de inverno (do 16 de setembro de 2018 ata o 30 de xuño de 2019): de luns a venres de 9.00 h a 13.15 horas, e de 16.15 h a 22.30 horas. Sábados de 10.00 h a 14.00 horas e de 17.00 h a 20.00 horas. Domingos e festivos: pechado.
Horario de verán (do 1 de xullo de 2019 ata o 15 de setembro de 2019): de luns a sábado de 9.00 h a 14.00 horas, e de 19.00 h a 22.30 horas. Domingos e festivos: pechado.
piscinaortigueira@gmail.com

O municipio dispón de varios campos de fútbol situados en:

  • San Adrián.
  • Loiba.
  • San Claudio: Campo de herba artificial ubicado na parroquia de San Claudio, Ortigueira.
  • Morouzos: Campo de herba natural situado xunto á praia de Morouzos. O campo de fútbol municipal de Morouzos acolle os partidos das ligas federadas de fútbol.

As pistas polideportivas parroquiais están equipadas para a práctica de distintos deportes dependiendo do equipamento e sitúanse en:

  • San Adrián.
  • Santiago de Mera.
  • Cuíña.
  • Senra.
  • Ortigueira – A Preguiza.
  • Espasante.
  • Loiba.
  • Barbos.
  • Couzadoiro.
  • Devesos.
Back to top