CURSOS DE FORMACIÓN EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NA CONSTRUCIÓN EN ORTIGUEIRA

Desde mañá venres e ata o día 15 de setembro está aberto o prazo de inscrición para as persoas interesadas en acceder a formación en prevención de riscos laboráis no sector da construción. Trátase dunha iniciativa gratuíta coa que a Fundación Laboral de la Construcción premiou ao Concello de Ortigueira, a través do Organismo Paritario en la Prevención en Construcción.

O curso está dirixido a persoas desempregadas ou ocupadas e en situación de mellora de emprego, e desenvolverase do 1 ao 15 de outubro, cunha duración de 60 horas en modalidade presencial. O horario é de 8.30 a 14.30 horas. A matrícula ten que se realizar nas oficinas do Rexistro Municipal e hai 25 prazas dispoñibles.

As personas interesadas en obter máis información pódense dirixir á orientadora laboral do Concello.

Back to top