Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

No servizo de atención ao público darase prioridade á atención telefónica e telemática. A atención ao público admitirase exclusivamente cando non sexa posible atender a solicitude por outras canles e sempre con cita previa.

A cita previa deberá concertarse por vía telefónica no número 981 400 000 para todos os servizos, agás a biblioteca que debe chamarse ao 981 400 101, cunha antelación mínima de 24 horas. Excepcionalmente admitiranse citas cunha antelación inferior, sempre por causas xustificadas.

Os cidadáns acudirán ás dependencias municipais de xeito individual, excepto nos casos daquelas persoas que non poidan valerse por si mesmos, en cuxo caso poderán ir acompañados. É obrigatorio o uso de mascarilla, así como mantemento do distanciamento social (sempre haberá dous metros entre si e cos empregados municipais).

Días de atención ao público presencial:

▪️ Rexistro: de luns a venres

▪️ Estatística: luns e xoves

▪️ Tesourería e recadación: de luns a venres

▪️ Servizos sociais: de luns a venres

▪️ CIM: de luns a venres

▪️ Orientación laboral: según a axenda do SGC

▪️ Urbanismo: martes e xoves

▪️ Medio rural: luns, mércores e venres

▪️ Biblioteca: de luns a venres

▪️ Secretaría de alcaldía:

▪️ Escola de música:

▪️ Aula CeMIT: de luns a venres

Back to top