Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A MEDIA MARATÓN ENTRE ORTIGUEIRA E CARIÑO, INCLUÍDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Ata o mércores 22 de maio está aberto o prazo de inscrición para tomar parte na Media Maratón que se disputará o 25 do mesmo mes entre Ortigueira e Cariño, e que se inclúe dentro do Campionato de España de Media Maratón Máster. A saída terá lugar ás cinco da tarde desde a alameda do municipio ortegano, para finalizar, despois de percorrer 21 quilómetros, na praza Roxa de Cariño.

As persoas interesadas en obter máis información pódense dirixir a www.ortegal21k.gal ou www.atletismo.gal.

Back to top