120 PERSOAS ASISTIRÁN AO ACTO DE ENTREGA DE DIPLOMAS DAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS NAS PARROQUIAS POLOS SERVIZOS SOCIOCOMUNITARIOS

Este domingo celebrarase unha comida nun restaurante ortegano para dar por rematados os cursos.

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, e o concelleiro de Deportes, Ángel Lozano, entregarán este domingo os diplomas ás persoas que participaron nas actividades sociocomunitarias organizadas polo Concello, dándose así por rematados os diferentes cursos nun acto conxunto que se celebrará no restaurante Planeta. Á comida asistirán arredor de 120 persoas, entre o alumnado dos cursos e os seus monitores.

O departamento de Servizos Sociais do Concello organiza actividades sociocomunitarias en todas as parroquias de Ortigueira, pensadas especialmente para persoas maiores e como unha forma de dinamizar os núcleos de poboación. Alfabetización informática, estimulación psicosensorial e desenvolvemento persoal e social son os eixes deste proxecto, que tamén incide na parte do movemento físico a través de actividades de ximnasia. Á marxe do programa que organiza a institución municipal, parte dos centros sociais das parroquias desenvolven tamén as súas propias actividades.

Back to top