Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A Alcaldía, rexentada por Valentín Calvín, asume neste mandato as áreas de Persoal, Seguridade e Festival, ademais da coordinación xeral do resto de departamentos municipais. As súas oficinas atópanse na Casa do Concello.

No departamento de Persoal trabállase en equipo con todos os empregados municipais, para converter o plantel do Concello nunha ferramenta para resolver os problemas e as necesidades dos veciños e veciñas. Só pode acadarse ese obxectivo si as persoas que serven ao pobo o fan desde a eficacia, a xenerosidade e a autorresponsabilidade. Así, procúrase que os traballadores reciban as adecuadas compensacións en función da súa dedicación e eficacia na solución dos problemas dos cidadáns.

A maiores, desde a área de Seguridade lévase a cabo a xestión dos diferentes corpos relacionados co servizo ao cidadán e o mantemento da orde pública con competencias no municipio.

Mentres, o departamento vencellado ao Festival é o encargado de dirixir todo o dispositivo loxístico para garantir a celebración dun evento que convirte a Ortigueira nunha referencia mundial na música folk.

Área de Persoal

Praza de Isabel II, s/n.
981 400 000.
Horario: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas. As oficinas municipais permanecerán pechadas (excepto recadación e rexistro) os días 24 de febreiro, 20 de marzo, 22 de maio, e 7, 24 e 31 de decembro. Así mesmo, os días 17, 28, 30 e 31 de xullo as oficinas municipais terán horario de atención ao público reducido de 9.00 h a 13.00 horas.
Persoa de contacto: José Valentín Calvín Fondevilla jvalentincf@hotmail.com
Persoa de contacto: Luisa Sierra luisa.sierra@concellodeortigueira.com

Non hai eventos

Back to top