Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O patrimonio cultural e natural, é unha das máximas potencialidades da nosa zona. E o turismo cultural, de calidade e desestacionalizado, unha das prioridades do Concello de Ortigueira. Por iso, neste mandato 2023-2027 ambas áreas conflúen nunha mesma Concellería.

Na área de Turismo trabállase en diferentes accións e programas que pretenden o desenvolvemento turístico, económico e participativo de Ortigueira, dentro da comarca do Ortegal.

Deste xeito, trátase poñer en valor os recursos turísticos cos que contamos, tanto naturais como patrimoniais, pois creemos firmemente que son unha das principais bases para o desenvolvemento local. A promoción das nosas rías, das nosas praias, do noso riqueza cultural, da nosa gastronomía, así como a demostración das nosas ofertas en feiras e eventos, tanto nacionais como internacionais, é unha prioridade para nós. A atención ao visitante, con puntos de información que lle permitan coñecer toda a oferta turística e cultural que poden atopar en Ortigueira e comarca e, disfrutar así da súa estancia nunha das zonas máis marabillosas da Comarca do Ortegal.

Moi relacionado con isto está o coidado e potenciación do noso patrimonio natural e cultural. Todas as actuacións nesta materia ríxense baixo a Lei 8/1995, de 30 de outubro, de Patrimonio cultural da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta área está xestionada pola concelleira María Isabel Rego Martínez.

Área de Patrimonio e Turismo

981 400 000.
Horario: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas. As oficinas municipais permanecerán pechadas (excepto recadación e rexistro) os días 24 de febreiro, 20 de marzo, 22 de maio, e 7, 24 e 31 de decembro. Así mesmo, os días 17, 28, 30 e 31 de xullo as oficinas municipais terán horario de atención ao público reducido de 9.00 h a 13.00 horas.
Persoa de contacto: Isabel Rego isabel.rego@concellodeortigueira.com

Área de Turismo

Avda. Escola de Gaitas (A Garea).
981 974 103.
De de luns a xoves de 10.00 a 14.30 e os venres e sábados de 10.00 a 14.30 e de 16.00 a 19.00.
Oficina de turismo – Persoa de contacto: Milagros Fraga turismo@concellodeortigueira.com

Non hai eventos

Back to top