PRESENTACIÓN DO PROXECTO “CON VOZ DE MULLER”
Con motivo do Día Internacional da muller rural, preséntase o proxecto “Con voz de Muller” da Concellería de Benestar Social e Igualdade
Os obxectivos que se perseguiron con esta iniciativa foron os de crear un espazo de empoderamiento para as mulleres a través da reflexión e a indagación das súas propias historias de vida, recuperar a memoria das mulleres, poñer en valor o seu legado e dignificar a contribución e a presenza das mulleres á comunidade local. Neste primer momento, traballouse coas mulleres das parroquias de Loiba e San Caludio.
Este proxecto contou con dúas fases, por unha banda a través dunha serie de reunións grupais fíxose un traballo de autoconciencia colectiva, de mergullar entre as súas narrativas e recuperar as súas achegas e posicionalas finalmente onde se merecen. Por outra banda, tratouse de recoller nunha pequeña publicación as historias de vida das mulleres, os seu relatos, e ás súas viviencias.
O proxecto foi executado pola entidade Almas Meraki.
O CIM e a Concellería de Benestar Social e Igualdade invita á cidadanía ao acto de Presentación do Proxecto “Con voz de muller” que terá lugar no Teatro da Beneficencia o venres 19 de outubro as 19.30 horas.