Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A Concellería de Urbanismo vertébrase xunto coa de Medio Ambiente e Medio Rural neste novo mandato. Deste xeito, a través da mesma Concellería diríxense múltiples liñas de actuación. Desde os trámites relacionados coa planificación, execución e control do desenvolvemento urbanístico na nosa localidade en aplicación da normativa vixente, ata o establecemento de mecanismos, protocolos e plans de mantemento, comunicación e formación para favorecer o cumprimento de leis e a súa sostenibilidade no tempo.

Así, tramítanse todo tipo de licenzas de obras, apertura e certificacións urbanísticas, ofrécese asesoramiento e información aos veciños e veciñas nesta materia e particípase no desenvolvemento de proxectos de interese municipal tanto no ámbito da elaboración de memorias como na solicitude de subvencións.

Tamén se levan a cabo funcións en materia de infraestruturas e subministros propios da competencia municipal, como son as redes de saneamento, as redes de abastecemento e a rede viaria, planificando e executando as actuacións necesarias para o desenrolo das de nova creación e efectuando o mantemento das que xa se atopan en funcionamento por medio dos operarios adscritos á Brigada de Obras Municipal.

Tamén realiza tarefas de xestión e control dos diferentes servizos municipais (limpeza viaria, alumeado público, limpeza de edificios municipais, recollida de residuos, roza de maleza nos camiños, limpeza e mantemento de zonas verdes, etc).

Outra das súas funcións é a de proporcionar asesoramento técnico para a redacción de proxectos, valoración de ofertas, direccións de obras municipais e coordinación de seguridade e saúde destas e tamén, a de colaborar con outras concellerías, proporcionando e facilitando medios materiais e humanos para o desenrolo de todo tipo de actividades deportivas, culturais e recreativas, como son o Festival do Mundo Celta, a Cabalgata de Reis e as Festas Patronais, entre outras.

O traballo desta amplia Concellería susténtase sobre unha importante base xurídica supramunicipal, como son as seguintes leis:

O asentamento de bases sólidas para a protección un aproveitamento social e económico sostible dos nosos recursos patrimoniais de tipo cultural (material e inmaterial), e natural.

  • Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
  • Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia.
  • Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Esta área está xestionada polo concelleiro Jaime Vicente Ponce Piñón, e a súas oficinas atópanse na Casa do Concello:

Área de Urbanismo e Medio Ambiente

Praza de Isabel II s/n.
981 400 000.
Horario: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas. As oficinas municipais permanecerán pechadas (excepto recadación e rexistro) os días 24 de febreiro, 20 de marzo, 22 de maio, e 7, 24 e 31 de decembro. Así mesmo, os días 17, 28, 30 e 31 de xullo as oficinas municipais terán horario de atención ao público reducido de 9.00 h a 13.00 horas.
Persoa de contacto: Jaime Vicente Ponce Piñón

Área de Medio Rural

Praza de Isabel II s/n.
981 400 000.
Horario: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas. As oficinas municipais permanecerán pechadas (excepto recadación e rexistro) os días 24 de febreiro, 20 de marzo, 22 de maio, e 7, 24 e 31 de decembro. Así mesmo, os días 17, 28, 30 e 31 de xullo as oficinas municipais terán horario de atención ao público reducido de 9.00 h a 13.00 horas.
Persoa de contacto: Dámaso Pico Balsa oficina.tecnica@concellodeortigueira.com

Non hai eventos

Back to top