Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

LA VUELTA CICLISTA A ESPAÑA PASA ESTE XOVES POR ORTIGUEIRA

A etapa 12ª da Vuelta Ciclista a España pasará o vindeiro xoves, día 6 de setembro, polo concello de Ortigueira. Segundo os horarios actualizados facilitados pola organización -aínda que, loxicamente, son estimados-, a caravana chegará ao Alto de San Pedro sobre as 14:40 horas procedente de Mañón, e desde alí tomará a dirección de Devesos e Covelo para chegar á estrada xeral de Ortigueira arredor das 15:20. Despois dun sprint intermedio seguirá cara a Espasante e Loiba en dirección de novo a Mañón, onde estará o final de etapa, concretamente no faro de Estaca de Bares.

Back to top